Saidas micolóxicas

domingo, 17 de febrero de 2019 - Pias
organizado por: Marisa Castro e Xavier Martíns
Si quieres asistir, ponte en contacto con:

quedamos ás 10.30 hora galega (9.30 hora portuguesa) no café exterior do Centro Comercial Rio Park, á entrada de Monção.

Entrando por Salvaterra, despois de cruzar a ponte internacional séguese ata a primeira rotonda, coller a dereita (ollo hai unha bifurcación con varias saídas). Tedes que pasar entre un almacén chino e un Burger King (foto1)

No final do aparcamento dun destes dous negocios cóllese á dereita ata unha semirotonda, á dereita hai un aparcamento e ao final un café. Chegastes ao lugar. (foto2)

saída cara ao Santuario Senhora da Vista en Pías, alí deixaremos parte dos coches porque é o lugar onde vamos comer e no sitio da parada non temos demasiado aparcamento. Hai que levar comida, pero teremos un lugar seco, a cuberto e con cheminea.

Desde alí iremos directamente á zona da “laurisilva” e carballeira. Non sabemos o que atoparemos, pero polo menos Laurobasidium lauri, si.