Na presenta base de datos están implementadas as referencias corolóxicas dos taxons que se publicaron en Galicia ata o ano 2015. Esta revisión bibliográfica recolle os taxons que pertencen maioritariamente aos phylla Ascomycota e Basidiomycota. Aínda que non pertenzan ao reino Fungi tamén incluíronse os Myxomycetes por ser tradicionalmente estudados polos micólogos.
Para elaborar esta compilación bibliográfica consideráronse todas as mencións fúnxicas orixinais. Por unha parte descartáronse todas aquelas publicacións que, como mínimo, non tiveran claramente especificado o seu código de Depósito Legal, ISBN ou ISSN. Por outra parte, tan so se tiveron en conta as citas a nivel provincial, ao considerar que as referencias por enriba deste nivel non achegaban información precisa e relevante ao presente catálogo.
O catálogo bibliográfico centrase nos fungos pertencentes ao subphyllum Agaricomycotina Doweld (Basidiomycota Whittaker ex Moore) e Pezizomycotina O.E.Erikss. et Winka (Ascomycota Caval.-Sm.) de acordo coa clasificación proposta en Kirk et al. (2008). Descartáronse as referencias a representantes dos subphylla Saccharomycotina Schiønning e Taphrinomycotina O.E.Erikss. et Winka. En canto aos fungos pertencentes ó subphyllum Pezizomycotina O.E.Erikss. et Winka establecéronse tamén uns limites: recolléronse os datos corolóxicos dos representantes dos taxons Eurotiomycetidae, Leotiomycetes, Orbiliomycetes, Pezizomycetes (non Erysiphales) e Sordariomycetes (non Diaporthales). Tampouco se tiveron en conta os fungos liquenizados.
Para cada taxon, indícanse os seguintes datos nomenclaturais: binomen específico actualizado, seguido dos autores correspondentes e os datos bibliográficos relativos á primeira obra de publicación.
As abreviaturas dos autores establecense en base ao indicado por Brummitt et Powell (1992). Para as abreviaturas dos libros e das publicacións periódicas, síguense as indicacións establecidas nos Taxonomic Literature (Stafleu et Cowan, 1976-1988; Stafleu et Mennega, 1992-2000) e nos Botanicum-Periodicum-Huntianum (Lawrence et al., 1968; Bridson et Smith, 1991). Nalgúns casos tamén se complementou a información coa consulta do Index of Botanical Publication de Harvard University Herbaria e de bases de datos nomenclaturais on-line: Mycobank (Robert et al., 2005).
Esta base de datos é heredeira de moitos traballos previos de recompilación (Soliño et al., 1999, 2000, 2001; Rodríguez-Vázquez et al., 2002; Soliño, 2004; Soliño et Castro, 2005; Rodríguez-Vázquez et Castro, 2006, 2011, 2012) e tamén é fruto das correcións realizadas por moitos amigos da micoloxía galega logo da publicación nesta páxina web dos anteriores catálogos (Rodríguez-Vázquez et Castro, 2016a, 2016b).
A partir de agora irase completando e actualizando a información corolóxica coa implementación dos datos contidos nas publicacións posteriores ao ano 2015.
Nesta nova etapa renovamos o noso chamamento à colaboración de todos aqueles que queran seguir contribuindo à mellora do coñecemento da micobiota galega, enviandonos as súas correccións, aportacións ou calquera outra suxerencia que estimen oportuna ao seguinte correo electrónico conselloeditorial@mykes.es
REFERENCCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Sin resultados.