Logo de Grupo Micoloxico Galego

GRUPO MICOLÓXICO GALEGO LUIS FREIRE

¿Qué son os cogumelos?


Aínda que de xeito popular os termos cogomelo e fungo son confundidos e empregados indistintamente, estes non son sinónimos. Dende o punto de vista científico, denomínase fungo a un organismo uni ou pluricelular, heterótrofo (incapaces de sintetizar materia orgánica), carente de clorofila e que se reproduce mediante esporas; o cogomelo (micoloxicamente, carpóforo) é, en realidade, a estructura que soporta as estructuras reproductoras de determinados fungos, por así decilo "o froito". O cogomelo sería unha parte do fungo que ademais, non está presente en todos eles.
Os fungos están formados por un conxunto de filamentos microscópicos (hifas) que se fan visibles cando se xuntan moitas delas, formando o micelio ou "branco de fungo" pois, xeralmente, adopta esta cor.
Os fungos divídense en dous grandes grupos atendendo o tipo de estructuras reproductoras que presentan:

  • Ascomicetos: as esporas prodúcense no interior dunha especie de saquiños denominados ascas.
  • Basidiomicetos: as esporas prodúcense na parte externa dunha células en forma de maza (os basidios), que teñene unhas prolongacións apicais denominadas esterigmas.

Macroscopía

Os ascomicetos presentan unha gran variabilidade morfolóxica, como pode observarse nos seguintes exemplos.
foto de Aleuria aurantia

Aleuria aurantia

foto de Bisporella citrina

Bisporella citrina

foto de Cordyceps capitata

Cordyceps capitata

foto de Helvella queletii

Helvella queletii

Polo seu aspecto externo os basidiomicetos poden dividirse en dous grandes grupos:
  • Gasteromicetos: O himenio é interno e só se libera cando as esporas están maduras. Algunhas especies son hipoxeas, como as trufas, e outras crecen sobre a terra adoptando formas do máis variable.
  • Himenomicetos: O himenio esta exposto durante a maduración das esporas, e pode estar sobre superficies de distintas formas: láminas, tubos, pregues, aguillóns, etc...
Algúns exemplos de Gasteromicetos
foto de Clathrus ruber

Clathrus ruber

foto de Bovista plumbea

Bovista plumbea

foto de Geastrum triplex

Geastrum triplex

foto de Mutinus caninus

Mutinus caninus

Algúns exemplos de Himenomicetos
foto de Laetiporus sulphureus

Laetiporus sulphureus

foto de Polyporus brumalis

Polyporus brumalis

foto de Russula torulosa

Russula torulosa

foto de Chlorophyllum brunneum

Chlorophyllum brunneum

En calquera dos casos anteriores é necesario facer unha descripción detallada de toda-las partes do cogomelo.
Píleo ou sombreiro
Débese observar a súa forma (cónico, convexo, plano, etc...), a súa cor, se ten copos, escamiñas, fibras, e como se dispoñen, etc...
foto de Píleo campanulado de Amanita crocea

Píleo campanulado de Amanita crocea

foto de Píleo globoso de Leucocoprinus cepaestipes

Píleo globoso de Leucocoprinus cepaestipes

foto de Píleo plano-convexo de Descolea maculata

Píleo plano-convexo de Descolea maculata

foto de Píleo con escamas e fibras de Macrolepiota fuliginosa

Píleo con escamas e fibras de Macrolepiota fuliginosa

Estipe ou pé
Débese observar a súa forma (cilíndrico, bulboso, etc...), a súa disposición con respecto o píleo, se presenta anel e/ou volva,...
foto de Estipe cilíndrico e con volva de Volvariella gloiocephala

Estipe cilíndrico e con volva de Volvariella gloiocephala

foto de Estipe reducido de Crepidotus sp.

Estipe reducido de Crepidotus sp.

foto de Estipe con anel doble de Macrolepiota procera

Estipe con anel doble de Macrolepiota procera

Himenio
O himenio esta situado habitualmente debaixo do píleo, e nel débese observar sua morfoloxía xeral (láminas, poros, aguillóns, liso, etc..), a sua cor, se segrega algún tipo de látex, etc...
foto de Láminas de Agaricus sp.

Láminas de Agaricus sp.

foto de Himenio liso de Craterellus cornucopioides

Himenio liso de Craterellus cornucopioides

foto de Himenio con aguillóns de Sarcodon sp.

Himenio con aguillóns de Sarcodon sp.

foto de Himenio con poros de Xerocomus sp.

Himenio con poros de Xerocomus sp.

Caractéres organolépticos e bioquímicos
Os caracteres organolépticos (cheiros, sabores,..) asi coma os cambios de cor o roce ou corte deben anotarse no campo xa que normalmento son moi fugaces. Xa no laboratorio compróbanse as reaccións en presencia de determinadas sustancias químicas.
foto de Reacción o fenol de Amanita crocea

Reacción o fenol de Amanita crocea

foto de Reacción de Schaeffer positiva nun Agaricus sp.

Reacción de Schaeffer positiva nun Agaricus sp.

Microscopía

Estructuras Reproductoras
Os fungos divídense en dous grandes grupos atendendo o tipo de estructuras encargas de producir as esporas.
  • Ascomicetos: as esporas prodúcense no interior dunha especie de saquiños denominados ascas. Normalmente dentro de cada asca hai 8 esporas, pero en ocasións poden ser 4, 16, etc....
  • Basidiomicetos: as esporas prodúcense na parte externa dunha células en forma de maza (os basidios), que teñene unhas prolongacións apicais denominadas esterigmas. Habitualmente producense 4 esporas por basidio (basidios tetraspóricos) pero as veces soamente aparecen 2 (basidios bispóricos), e mais raramente 1, 3, ou mais de 4.
Ascas Basidios
foto de ascas foto de ascas foto de basidios foto de basidios
Esporas
Son as unidades de propagación encargadas de dar orixe a un novo individuo. Teñen unha función análoga as sementes das plantas. Os caracteres mais importantes a observar son a forma, tamaño, cor, ornamentación, reccións bioquímicas (caracter amiloide, dextrinoide, metacromático, etc...).
foto de Esporas metacromáticas de Macrolepiota

Esporas metacromáticas de Macrolepiota

foto de Esporas dextrinoides de Leucoagaricus

Esporas dextrinoides de Leucoagaricus

foto de Esporas nodulosas de Inocybe

Esporas nodulosas de Inocybe

foto de Esporas ornamentadas de Lactarius

Esporas ornamentadas de Lactarius

Cistidios e paráfisis
Son elementos esteriles terminais, normalmente no himenio. En ascomicetos denomínanse paráfisis ou parafisos e en basidiomicetos cistidios. Seguindo a súa situación diferencianse pleurocistidios (situados no filo das láminas), queilocistidios (situados na arista das láminas), pileocistidios (situados na superficie do píleo), etc... Poden ter formas e tamaños moi distintos dependendo do grupo taxonómico estudiado, e nalghúns grupos poden non estar presentes.
foto de Queilocistidios de Lactarius turpis

Queilocistidios de Lactarius turpis

foto de Pleurocistidios de Pluteus cervinus

Pleurocistidios de Pluteus cervinus

foto de Queilocistidios de Leucocoprinus cepaestipes

Queilocistidios de Leucocoprinus cepaestipes

foto de Queilocistidios de Macrolepiota

Queilocistidios de Macrolepiota

Pelis
A pelis (ou cutícula) é a parte mais externa do píleo (pileipelis) ou do pé (estipitipelis). A forma, tamaño, e disposición dos elementos das pelis son caracteres moi importantes a hora de diferenciar xéneros e especies.
foto de Pelis tipo epitelio de Cystoderma

Pelis tipo epitelio de Cystoderma

foto de Pelis tipo himenodermis de Chlorophyllum

Pelis tipo himenodermis de Chlorophyllum

foto de Pelis tipo cutis de Pluteus

Pelis tipo cutis de Pluteus

foto de Pelis tipo ixocutis de Russula

Pelis tipo ixocutis de Russula

Outros caracteres
Outros caracteres que tamén se estudian son por exemplo: a presencia de fíbulas, tipo de trama das láminas, características do velo, etc...
foto de Queilocistidio con fíbula basal de Chlorophyllum brunneum

Queilocistidio con fíbula basal de Chlorophyllum brunneum

foto de Velos con esferocistos de Amanita

Velos con esferocistos de Amanita


Grupo Micolóxico Galego - Apdo. 3083 (E-36200-Vigo)