Logo de Grupo Micoloxico Galego

GRUPO MICOLÓXICO GALEGO LUIS FREIRE

Quen somos


O GRUPO MICOLÓXICO GALEGO, foi fundado o 9 de maio de 1992 en Lourizán (Pontevedra). Na xuntanza fundacional foi elexido como primeiro presidente o pai da micoloxía galega, o Dr. Luis Freire García. O cargo de vicepresidente recaeu sobre o Dr. Francisco Fernández de Ana Magán, como secretario saiu elexido D. Antonio Prunell Tudurí, como vicesecretario D. Jose Antonio Díaz Núñez, como tesoureiro D. Miguel Martínez Campos e como vocais a Dra. Marisa Castro, a Dra. Mercedes Aneiros Souto e D. Luis Cabo Rey. O Grupo Micolóxico Galego é unha asociación sen fins lucrativos, independente e científica, adicada ao estudo, divulgación e defensa do medio natural en relación coa macromicoloxía. Nace co fin de estudar, desde o punto de vista científico, a macromicoloxía galega e dala a coñecer a todos os interesados.

Foto da primeira saída do Grupo Micolóxico Galego

Primeira saída do Grupo Micolóxico Galego Praia de Barra (Cangas). 1-II-1992


Grupo Micolóxico Galego - Apdo. 3083 (E-36200-Vigo)