Quen somos

Primeira saída do Grupo Micolóxico Galego Praia de Barra (Cangas). 1-II-1992

Primeira saída do Grupo Micolóxico Galego Praia de Barra (Cangas). 1-II-1992

Quen somos

O GRUPO MICOLÓXICO GALEGO, foi fundado o 9 de maio de 1992 en Lourizán (Pontevedra). Na xuntanza fundacional foi elexido como primeiro presidente o pai da micoloxía galega, o Dr. Luis Freire García. O cargo de vicepresidente recaeu sobre o Dr. Francisco Fernández de Ana Magán, como secretario saiu elexido D. Antonio Prunell Tudurí, como vicesecretario D. Jose Antonio Díaz Núñez, como tesoureiro D. Miguel Martínez Campos e como vocais a Dra. Marisa Castro, a Dra. Mercedes Aneiros Souto e D. Luis Cabo Rey.

O Grupo Micolóxico Galego é unha asociación sen fins lucrativos, independente e científica, adicada ao estudo, divulgación e defensa do medio natural en relación coa macromicoloxía. Nace co fin de estudar, desde o punto de vista científico, a macromicoloxía galega e dala a coñecer a todos os interesados.

25 Anos

Cando naquel, xa lonxano, día nove de marzo de 1992, dezasete fundadores do Grupo Micolóxico Galego firmabamos a Acta Fundacional da nosa asociación, tiñamos moi claro que para cumprir os acordados obxectivos de estudar, divulgar e protexer a formidable riqueza micolóxica de Galicia, deberiamos percorre- los seus camiños e descubri-las singularidades desta terra meiga, que sempre nos ten algo que ofrecer.

Así o fixemos e durante 25 anos visitamos gran parte da nosa paisaxe medioambiental buscando especies e constatando, sen subxectivas impresións personais, que noso fermoso país mudou de traxe nesta curta etapa e que cada vez viste peor. Debemos denuncialo e pedir as autoridades responsables un maior e intelixente esforzo na lexilación medioambiental. O cambio climático, a aparición de especies invasoras foráneas, o monocultivo, os incendios forestais e outras lacras, empobrecen o noso medio e a nós mesmos como especie. Pese a todo, noso Grupo, tra las máis de 200 saídas micolóxicas realizadas, pode afirmar que Galicia sigue sendo superlativamente fermosa, que cada volta do horizonte nos sorprende con paisaxes envexosas que todo o mundo debera coñecer, desfrutar, coidar e respetar. Seguiremos traballando para cumplir mellor esa misión pola que naceu o Grupo Micolóxico Galego.

Mach_palosdegolf.png

Díaz Núñez, José Antonio
Presidente

diaznunezmach@gmail.com
Marisa_AmCaesarea.png

Castro Cerceda, Marisa
Presidenta de Honra

lcastro@uvigo.es
Gaba.png

Rodríguez Vázquez, José
Vicepresidente

jrv.gaba@gmail.com
Oscar_trichia_decipiens.png

Requejo Martínez, Óscar
Secretario

oscarrequejo@hotmail.com
Patri_cajafuerte.png

Comesaña Martínez, Patricia
Tesoureira

patricomesana@gmail.com
Elvira_orchis.png

Sahuquillo Balbuena, Elvira
Vogal

elvira.sauquillob@udc.es